O 4 de
febreiro de 2016 doutoreime en
Comunicación e Xornalismo na
Universidade de Santiago de Compostela
coa tese 'Música popular e sociedade
no Val do Ulla de 1920 a 1936: unha
visión analítica desde a prensa
comarcal'.
Como
membro do equipo de investigación
Canal Campus de Popular Music Studies,
adscrito ó Grupo de Investigación
"GI-1786 – Comunicación audiovisual:
contidos, formatos e tecnoloxía" da
Universidade de Santiago de
Compostela, participei en varias
investigacións e iniciativas
educativas (véxanse algunhas delas nos
apartados de libros e artigos).
EDUCACIÓN
Desde
setembro de 2025 son profesor de Lingua
e literatura galega no IES Armando
Cotarelo Valledor en Vilaxoán
(Vilagarcía de Arousa).
De setembro a novembro de 2023 fun
profesor de Lingua e literatura galega
no IES Rego de Trabe de Culleredo. No
curso 2022-23 fun profesor de Lingua e
literatura galega no IES Eduardo
Pondal de Santiago de Compostela.
Entre setembro de 2016 e xuño de 2022
fun profesor de Formación Profesional
e Secundaria nos ámbitos das Artes
gráficas e Imaxe e Son.
Así mesmo, impartín docencia na Universidade de Santiago
de Compostela no I Máster en
Industria Musical en 2015 e no II Máster en Edición
en 2005.
XORNALISMO
De cando en cando colaboro escribindo
artigos sobre historia e tecnoloxía
para a revista Código
Cero
Desde
decembro de 2016 e ata maio de 2017
traballei no gabinete de prensa da Deputación de
Pontevedra.
Durante varios meses en 2013 e 2014
colaborei coa cooperativa Cidadania
desenvolvendo tarefas de comunicación
para a Rede Eusumo e no
2015 no proxecto 'Historia da
informática en Galicia'.
No ano 2012 colaborei con
MeteoGalicia (www.meteogalicia.gal)
e o Centro de Supercomputación de
Galicia (www.cesga.gal)
na difusión do proxecto MeteoSIX, do
que xurdiu a aplicación MeteoSIX para
móbiles. Desde o 1995 ata o 2011
traballei en varios medios do Grupo
Correo Gallego, o último deles o
diario Galicia Hoxe,
que pechou a súa edición en papel o 28
de xuño do 2011