|
BIOGRAFÍA
Nacín en Caracas en 1973.
Estudei Xornalismo na Universidade de
Santiago de Compostela (USC), licenciándome en 1995 e
doutorándome o 4 de febreiro de 2016 en Comunicación e
Xornalismo; a miña tese titúlase
'Música popular e sociedade no Val do
Ulla de 1920 a 1936: unha visión
analítica desde a prensa comarcal'. En
xullo de 2019 gradueime na USC en
Ciencias da Cultura e Difusión
Cultural (título equivalente ó grao en
Humanidades). En xullo de 2026
gradueime na USC en Xestión Cultural.
En setembro de 2025 comezo a traballar
como profesor de Lingua e
literatura galega no
IES Armando Cotarelo Valledor en
Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa).
Desde setembro a novembro de 2023 fun
profesor de Lingua e literatura galega
no IES Rego de Trabe de Culleredo,
incorporándome a continuación ó
Gabinete de Comunicación da
Universidade de Santiago de
Compostela, no que permanecín ata
xaneiro de 2025. De maio a agosto de
2025 desenvolvín varios proxectos coa
firma Alicerce.
No curso 2022-23 fun
profesor de Lingua e literatura galega
no IES Eduardo Pondal de Santiago de
Compostela.
Entre setembro de 2016 e
xuño de 2022 fun profesor de:
- Produción de artes gráficas nos
centros: CEE
Saladino Cortizo de Vigo, IES Leixa de
Ferrol, IES
Montecelo de Pontevedra, CEE María Mariño
da Coruña, CEE Pontevedra
e
CEE de Vilagarcía.
- Imaxe e son no IES
Audiovisual de Vigo e no CIFP Imaxe e
Son da Coruña.
- Desde decembro de 2016 e ata maio de
2017 traballei no gabinete de prensa
da Deputación de Pontevedra.
- No 2013 e 2014 colaborei coa
cooperativa Cidadania nas tarefas de
comunicación da Rede Eusumo e no 2015
no proxecto 'Historia da informática
en Galicia'.
- No 2012 colaborei con MeteoGalicia e
o Centro de Supercomputación de
Galicia na difusión do proxecto
MeteoSIX.
- Anteriormente
fun redactor no Grupo Correo Gallego
durante case 16 anos.
- Debido ó meu traballo e ó meu
interese en distintas materias escribo
libros e artigos, fago ilustracións e
fotografías e deseño webs.
|