Visita vostede VALDOULLA.COM

Ninguén naceu aprendido (Popular)
Cada cal busca o seu igual. Foto: © H. Neira 2009
Cada cal busca o seu igual. Foto: © H. Neira 2009

O VAL DO ULLA

A Ulla, O Ulla
A historia
Rutas e mapas


CONCELLOS

A Estrada
Boqueixón
Teo
Vedra


GALERÍA

Imaxes da Ulla

NATUREZA E PAISAXE

O Pico Sacro
O relevo
O río Ulla
Ríos, pontes e termalismo


CAMIÑOS DE SANTIAGO

Os camiños
Tradicións xacobeas


CULTURA E PERSOEIROS

A lingua
A música
As lendas
Coplas da Ulla
Ditos e refráns
Os libros
Patrimonio cultural
Quen é quen

ECONOMÍA

Os sectores produtivos

EMIGRACIÓN

Da Ulla ó mundo

FESTAS E XANTARES

Festas, feiras e romarías
Gastronomía


XOGOS E DEPORTES

Deportes
Xogos populares


ESTA WEB

Quen somos
    Ditos e refráns

O mesmo que coas coplas, quixemos recoller directamente da tradición oral unha pequena mostra de refráns e ditos tradicionais, algúns coñecidos seguramente en toda Galicia, mentres outros fan referencia a lugares do Val do Ulla. No final deste apartado incluímos varios refráns recollidos por Marcial Valladares no xornal "A Monteira" en 1889, que fan referencia a lugares da comarca. Naquel xornal, o escritor publicara durante unha tempada varios centos de ditos e refráns dos que seleccionamos os xa ditos.

A chuvia en San Xoán tolle o viño e non dá pan.

A col en outono mata o dono.

A culpa non ten casa, por eso todo o mundo a bota para a do outro.

A todo hai quen gañe.

A vellez é coma a nenez.

Ano de nevadas, ano de anadas.

Antes cae un mentiroso que un coxo.

As cousas hai que facelas ben ou non facelas.

Ás nove, déitate home.

Atrás virá quen bo te fará.


Burro grande, ande ou non ande.


Cada cal busca o seu igual.

Can ladrador, pouco mordedor.

Cando a carballeira canta, gusta ben a manta. Cando a carballeira zoa, gusta ben a broa.

Coa vara que mides, serás medido.

Colle a vella a roca o sábado á noite.

Con pan e viño ándase o camiño.


Deixa andar ó can coa roca e ó gato coa mazaroca.

Do tinto non me arrepinto, do blanco non me espanto, o Jaén veña tamén.


Empanada éche calquera.

En maio, inda a vella queima o tallo.

En San Xoán inda hai tres días pra cardar lan.

En todas partes espiga o pan, non sendo onde non o botan.

En xaneiro, non poñas o pé diante do compañeiro.

Es retorcido coma a corre dunha xesta.

Es retorcido coma o loro dun carro.

Estás nas verzas e non ves a horta.


Fillo fuches, pai serás. Así como fixeches o terás.

Foi o día para a romería.



Home lampo e can rabelo, desconfía deles coma do demo.


Lingua aguda, costela dura.


Marzo marzal, abril penduril. En maio granado, en San Xoán curado. Pola Santa Mariña, metelo na arquiña [trigo e centeo].

Maio pardo e San Xoán claro sae bo ano.

Mentres capo non asubío.

Mentres o pao vai e vén, descansa o lombo.

Morto o can, acabouse a rabia.


Ninguén naceu aprendido.

Non está o alcacén para gaitas.

Non hai moito que non se acabe nin pouco que non dure.

Non hai peor xordo que o que non quere oír.

Non sabe un onde a ten.

Nunca chove como trona.

Nunca choveu que non escampara.


O 25 de marzo entra a merenda e mailo descanso.

O can grande sempre mandou no pequeno.

O meu can pillou unha mosca, e se a pillou, comeuna.

O que con rapaces se deita, mexado se levanta.

O que é ladrón pensa que todos son da súa condición.

O que de alto fía, se o fuso lle cae o cu lle asubía.

O que non mata engorda.

O que non ten que facer, sacha os nabos antes de nacer.

O que un non quere a outro lle apetece.

O que veña atrás que arree.

O raposo sabe moito por raposo pero sabe máis por vello.

O vinte de xaneiro, sube ó outeiro. Se ves verdexar, ponte a cantar. Se ves terrexar, ponte a chorar.

Onde hai patrón, non manda mariñeiro.

Ovella que berra, bocado que perde.


Para abaixo tódolos santos axudan.

Pascuas molladas, anadas dobradas. Pascuas inxoitas, nin poucas nin moitas.

Polo San Blas dúas horas máis.

Polo San Martiño abaldoa o teu viño.

Polo San Martiño mata o porquiño.


Quen come e canta algún sentido lle falta.

Quen cospe ó ceo, enriba lle cae.

Quen non ten cabeza ten mans.

Quen non ten cabeza ten pernas.


Saímos dun souto e metémonos noutro.

San Migueliño das uvas maduras, tarde vés e pouco duras.

Sarna con gusto non pica, pero mortifica.

Sempre no medio coma o xoves.


Tanto ten Xan coma Pericán.

Tres anos de can novo, tres anos de bo can, tres anos de can vello, tres anos de mal can.


Un home é home, que non é un feixe de palla.

Un home é un home, anque a muller lle pegue.

Unha man lava a outra e as dúas lavan a cara.

Unha por outra non é pecado.


Vai o comido polo servido.

Vai o vello morrendo e vai aprendendo.

Vale máis ter que desexar.


Xan da Estrada está como estaba.

Xente de Vea, Dios a dea. E cos de Cuntis, non te xuntes.

Xente nova e leña verde, todo é fume.


¿Onde vas tolo? Onde van todos.

 

REFRÁNS RECOLLIDOS POR MARCIAL VALLADARES:


"O que sexa meu amigo verdadeiro, véñame a ver o vinte de xaneiro", dixo o santo do Pico Sacro.

Cando o Pico Sacro pon touca, auga temos, moita ou pouca.

Cando Pico Sacro pon o capelo, rapazas da Ulla, cubride o mantelo.

Malla sen medo, se o capelo do Pico vai para Lestedo; pero con ansia se vai para a Granxa.

Moza de Deza e vaca da Ulla, de cento unha.


Vacas da Ulla e muller de Bendoiro, non as metas na casa, que che é un agoiro.

© A Ulla, Comarca Natural 1997-2009. Tódolos dereitos reservados.