Visita vostede VALDOULLA.COM
Eu cantar cantaba ben, / a gracia non era moita: / quedoume no lavadoiro / cando fun lava-la roupa. (Popular)

Exposición Feiravedra en San Miguel de Sarandón, Vedra © H. Neira 2009

O VAL DO ULLA

A Ulla, O Ulla
A historia
Rutas e mapas


CONCELLOS

A Estrada
Boqueixón
Teo
Vedra


GALERÍA

Imaxes da Ulla

NATUREZA E PAISAXE

O Pico Sacro
O relevo
O río Ulla
Ríos, pontes e termalismo


CAMIÑOS DE SANTIAGO

Os camiños
Tradicións xacobeas


CULTURA E PERSOEIROS

A lingua
A música
As lendas
Coplas da Ulla
Ditos e refráns
Os libros
Patrimonio cultural
Quen é quen

ECONOMÍA

Os sectores produtivos

EMIGRACIÓN

Da Ulla ó mundo

FESTAS E XANTARES

Festas, feiras e romarías
Gastronomía


XOGOS E DEPORTES

Deportes
Xogos populares


ESTA WEB

Quen somos
    A lingua

A comarca da Ulla recolle a maioría dos seus trazos lingüísticos do galego do chamado bloque Occidental, aínda que pola súa complexidade, extensión xeográfica, e pola difícil delimitación desta zona, nalgunhas ocasións aparecen trazos do bloque Central, segundo a división que se fai no libro 'Dialectoloxía da lingua galega' de Francisco Fernández Rei.

O río Ulla é, en moitas ocasións, o divisor dunha ou doutra característica da lingua. Non se coñece ningún estudo da lingua da comarca da Ulla –ou do Ulla como tamén se di na parte pontevedresa da comarca– que a abranga tal e como nós a consideramos. O feito de, ademais, quedar fóra do mapa de comarcalización actual da Xunta de Galicia fai, se cabe, máis difícil que se poida concibir un estudo de algo que oficialmente non existe, aínda que si ten entidade natural desde tempos inmemoriais.

Fernández Rei na división que fai no seu libro das falas galegas (en bloque Occidental, Central e Oriental), inclúe a comarca no bloque Occidental; dentro deste na área Pontevedresa; na subárea Ulla-Umia; e na microsubárea da Ulla. Precisamente cando fala da área Pontevedresa di: "Nela inclúense as falas pontevedresas do bloque Occidental e mailas da comarca da Ulla coruñesa".


Algunhas das características lingüísticas que a continuación referimos están tiradas do devandito volume do catedrático da Universidade de Santiago e membro da Real Academia Galega:

1.- Ausencia de cheísmo.

2.- Maioritariamente formas cantabamos, cantaramos con acentuación etimolóxica.


3.- Verbo 'caír' (maioritario) no canto de 'caer'.


4.- Ditongo 'oi' en moito, troita, noite, etc.


5.- Paradigma A de deícticos (este, esta, esto).


6.- Vocal temática 'e' en colleu, parteu, etc.


7.- 'Dou' no IP de dar, que é o que aparece maioritariamente no galego.


8.- Pronome átono 'lle'. Esta forma do pronome de terceira persoa é a maioritaria en Galicia, aínda que pode aparecer a forma 'ñe' e no galego de Zamora rexístrase unha variante 'le'.


9.- Primeira persoa do IP da primeira conxugación cantei. Esta é a forma máis abundante na xeografía galega.


10.- Terminación 'ches' na segunda persoa do IP (cantaches).


11.- Radical 'troux-' maioritario, aínda que tamén se usa 'troug-', fronte a outras variantes que aparecen en Galicia como 'tru(i)-' ou 'trux-'.


12. Emprego do suxeito pronominal 'ti' no canto de 'tu'. A opción que se usa na comarca do Ulla é característica, en xeral, do galego da Coruña e Pontevedra, fronte ó 'tu' etimolóxico do resto do galego e falas do sur de Pontevedra.


13.- Se falamos do seseo e da gheada, características definitorias da nosa lingua, a comarca da Ulla presenta gheada en toda a súa xeografía; se nos referimos ó seseo só unha parte da comarca pertencente á provincia da Coruña presenta seseo explosivo (sapato, socos), mentres que na provincia de Pontevedra só se apreza seseo implosivo (lus, des), o mesmo que nas restantes zonas ullás en terras coruñesas.

Aínda que, pola súa extensión, algunhas zonas pontevedresas que están bañadas polo Ulla presentan seseo, como é o caso de San Miguel e Santa Mariña de Barcala. Estas, como pertencentes ó concello da Estrada, e co río Ulla como referente inescusable, presentan seseo implosivo e explosivo. 

© A Ulla, Comarca Natural 1997-2009. Tódolos dereitos reservados.