NÚMERO

PONTE


FOTO

Imaxes tomadas por Henrique Neira para o proxecto

'As pontes do río Ulla' da Asociación Raiceiros (www.raiceiros.org)


PARA ARRIBA E PARA ABAIXO TODO É RÍO...

Carteis que indican como chegar a dúas pontes sobre o río Ulla na comarca da Ulloa, colocados pola Asociación de Pescadores da Ulloa

Carteis indicadores de pontes no Río Ulla na Ulloa


O nacemento do río Ulla: na cima do prado está a fonte Currelos, próxima ó lugar de Fondevila e na parroquia de Santa María de Olveda (Antas de Ulla)

Nacemento do río Ulla


O presidente de Raiceiros, Héctor Rodríguez, indica onde comeza a verse a auga da fonte Currelos, que parece vir de debaixo das silveiras de atrás. Visitámola por primeira vez o 13 de outubro de 2012, cando aínda se notaban os efectos do verán e só había un fío de auga. O dono da leira é un gandeiro, José Antonio, que nos confirmou que aí nace o río Ulla, o mesmo que todas as persoas coas que falamos na Ulloa.
 

Fonte Currelos


No mapa do Instituto Xeográfico Nacional chámanlle a este curso de auga Rego da Ermida (A Ermida é o lugar polo que pasa máis abaixo) e sitúan o nacemento do río Ulla preto do lugar de Cal de Mourelle na parroquia de Santo Estevo de Ansar (Taboada), a 1,77 km en liña recta ó sueste de Fonte Currelos. Os dous regos van unirse preto do lugar de Ferreiros e parroquia de San Cibrao dos Ferreiros (Monterroso)

1

Camiño que atravesa polo fondo o prado onde nace a fonte Currelos. Por baixo del pasa o regueiro cando ten suficiente caudal. Cando o visitamos por primeira vez só era quen de formar unha pequena poza antes do camiño, en cambio en maio de 2013 xa cruzaba por baixo. Esta sería por tanto a primeira pontella
 

Ponte do prado da fonte Currelos

2

Ponte da estrada provincial LU-P-1809 (km 16)

Ponte da estrada LU-P-1809

3

Primeira ponte do Prado do Muíño na parroquia de San Cristovo de Viloíde (Monterroso)

Primeira ponte do Prado

4

Segunda ponte do Prado do Muíño na parroquia de San Cristovo de Viloíde (Monterroso)

Segunda ponte do Prado

5

Ponte de Curuxás (San Cristovo de Viloíde, Monterroso)

Ponte

6

Ponte vella, esquerda, e ponte nova de Illoá (San Salvador de Valboa, Monterroso)

Ponte vella

7

Ponte nova de Illoá

Ponte nova

8

Ponte do Muíño de Illoá (entre as dúas zonas de verde) e ponte da canle do muíño, que non contabilizamos (decidimos non contar aquelas pontes sobre canles de muíños que collen auga directamente do río, por ser unha derivación do mesmo e non o río propiamente)

Ponte

9

Ponte de Valboa

Ponte de Valboa

10

Ponte da Graña e Muíño de San Antón da Graña (o edificio da esquerda)

Ponte

11

Ponte do Fente sobre o río Ulla. Á esquerda, Muíño das Abelairas, que recibe auga do río Ulla a través dunha canle. Esta auga sae por baixo da fachada principal (na imaxe) e cruza a pista baixo a que poderiamos chamar tamén unha pequena ponte sobre a canle (que non contabilizamos)

Ponte do Fente

12

Ponte de Porta Mirón ou Porte Mirón entre Casa de Naia e A Torre

Ponte de Porta Mirón

13

Ponte das Pedras

Ponte das Pedras

14

Ponte das Quendas

Ponte das Quendas

15

Ponte de madeira da Peneda

Ponte de madeira da Peneda

16

Pontella de pedra da Peneda


Pontella de pedra da Peneda

17

Pasos de pedra da Peneda (no alto a ponte da Peneda)

Pasos de pedra e ponte da Peneda

18

Ponte da Peneda (ó fondo a pontella de pedra)

Pescando na ponte da Peneda

19

A Ponte Pedriña (vella). Á esquerda, parte da nova

Ponte Pedriña (vella)

20

A Ponte Pedriña (nova). Á esquerda, parte da vella

Ponte Pedriña (nova)

21

Ponte da Ribadulla

Ponte da Ribadulla

22

Ponte do Muíño do Coto (ou ponte de Vilapoupre). Vese un anaco do muíño ó fondo

Ponte do Muíño do Coto

23

Ponte do Corgo ou Ponte do Muíño do Corgo

Ponte do Corgo

24

A Ponte Mercé

A Ponte Mercé

25

Ponte dos Gavieiros e antigo muíño

Ponte dos Gavieiros

26

Ponte de Vilariño ou de Santa María do Castro de Amarante

Ponte de Santa Mariña

27

Varios informantes indicaron que xusto onde se ergue hoxe a ponte de Vilariño existían uns pasos para cruzar entre Chorexe (Pidre, Palas de Rei) e Santa María do Castro de Amarante (Antas de Ulla), estarían por tanto no lugar onde hoxe se ergue a ponte ou nas proximidades

Lugar dos antigos pasos de Chorexe

28

Ponte de Frádegas ou Frádigas (ou Ponte das Augas), á beira do antigo balneario das Augas

Ponte de Frádegas ou das Augas

29

Veciñas e veciños adecentando a Ponte de Ramil, no verán de 2012

Ponte de Ramil

30

Ponte de Basadre

Ponte de Basadre

31

Ponte do Roucón

Ponte do Roucón

32

Ponte e muíños das Canizas

Ponte das Canizas

33

Zona do río Ulla próxima ó muíño de Galegos onde había antano uns pasos para cruzar dunha beira á outra

Pasos de Galegos

34

A Ponte Nova, a uns metros augas arriba da Ponte Arcediago

Ponte nova da Pontenova

35

A Ponte Arcediago, de pedra, e a Ponte Nova

Pontes nova e vella da Pontenova

36

Pontella da insua da Cornella

Pontella da insua da Cornella

37

Pasos da insua da Cornella

Pasos da insua da Cornella

38

A Ponte da Cornella

Ponte da Cornella

39

Ponte medieval de Mourazos (só queda a inscrición do ano 862)


A foto está dada a volta, xa que a pedra da inscrición caeu no río co de arriba para abaixo

Inscrición da ponte medieval de Mourazos

40

Ponte moderna de Mourazos

Ponte moderna de Mourazos

41

Ponte da Pena (só quedan piares)

Ponte da Pena

42

A Ponte da Agra

Ponte da Agra

43

Encoro de Portomouros (por riba do encoro pasa unha estrada, por tanto consideramos que serve de ponte)

Encoro de Portodemouros

44

Ponte San Xusto

Ponte San Xusto

45

Antiga Ponte San Xusto (desaparecida)

Antiga Ponte San Xusto

46

Ponte Basebe

Ponte Basebe

47

Ponte Remesquide (de madeira)

Ponte Remesquide vella

48

Ponte Remesquide (nova)

Ponte Remesquide nova

49

Pasos de pedra e pontellas das insuas de Gres (contámoas todas como unha)

Pasos de Gres

50

Ponte Ledesma (medieval)

Ponte Ledesma medieval

51

Ponte Ledesma (moderna)

Ponte Ledesma moderna

52

Suposta ponte de San Xoán da Cova (desaparecida). A tradición oral sostén que unha pontella de madeira permitía cruzar este tramo de río que se adentra na ribeira coruñesa para chegar ó mosteiro de San Xoán da Cova

Antano debeu existir unha pontella de madeira

53

Viaduto do tren de Gundián (1958). Para a súa construción fixéronse antes unha pasarela de madeira que cruzaba o río e un blondin, unha especie de pequeno teleférico que tamén cruzaba o río

Viaduto do Gundián

54

Viaduto do AVE de Gundián (2011)

Ponte do AVE

55

Ponte Ulla (1835) e ó fondo as dúas pontes do tren

Ponte Ulla

56

Ponte da estrada Santiago-Ourense (1969-1972?)

Ponte da N-525

57

Ponte da autoestrada Santiago-Ourense (2001)

Ponte da AP-53

58

Ponte Sarandón (1930)

Ponte de Sarandón

59

Ponte colgante de Ximonde (2012)

Ponte de Ximonde

60

Pontevea (medieval)

Pontevea medieval

61

Pontevea (moderna)

Pontevea moderna

62

Ponte colgante do Xirimbao

Ponte do Xirimbao

63

Ponte de Sinde en Padrón

Ponte de Sinde

64

O Canaliño de Carcacía permitía cruzar o río no verán, cando ía baixo. As persoas coas que falamos non lembran que houbese alí un muíño ou pesqueiras, polo tanto a súa función principal debía ser a de permitir cruzar o Ulla

Canaliño de Carcacía

65

Ponte de Herbón

Ponte de Herbón

66

Ponte da Autoestrada do Atlántico en Padrón

Ponte da AP-9

67 e 68

Ponte do tren de Pontecesures, diante dela uns piares que deben ser dunha ponte anterior para o tren, do século XIX. Á esquerda vemos tamén parte da ponte da AP-9

Ponte do tren de Pontecesures e posibles piares da ponte vella do tren

69

Pontecesures

Pontecesures

70

Ponte da estrada de Catoira (AC-553), o día da Romaría Vikinga, 5 de agosto do 2012

Catoira vella

71

Obras para a construción da ponte do AVE de Catoira, o día da Romaría Vikinga, 5 de agosto do 2012

Catoira AVE

Fotos: © Henrique Neira, 2012-2013

Imaxes realizadas para o proxecto 'Pontes do río Ulla' da Asociación Raiceiros: www.raiceiros.org